jueves, 8 de marzo de 2012

Concurso de cartaces de galego


Un ano máis, participaremos no o IV concurso para a defensa e promoción do galego que organiza á Coordinadora de EDL da Comarca do Carballiño. A edición deste ano terá dúas modalidades: unha de cartaces, coma en anos anteriores, para Ed. Infantil e Ed. Primaria e unha de marcapáxinas para o alumnado de ESO e Bacharelato.

Bases xerais As bases de participación son as seguintes:  

Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.
As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.  
Os traballos serán presentados antes do 20 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.   
O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.  
Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.  
Os gañadores serán comunicados a través deste Blog antes do Día das Letras Galegas.  

Modalidade de cartaces para Ed. Infantil e Ed. Primaria
  • As bases de participación son as seguintes:
1º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.
2º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.
3º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:
Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria.
Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Modalidade de marcapáxinas para ESO e Bacharelato
  • As bases de participación son as seguintes:
O tema será a defensa e/ou a promoción do galego.
Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato en cartolina de tamaño 20 cm de largo por 5 cm de ancho.
Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo: 1º Ciclo, 2º Ciclo e Bacharelato.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Interésanos a túa opinión!