domingo, 25 de marzo de 2012

IV Convivencia intercentro en Boborás

O día 22 de marzo celebramos a IV convivenvia intercentros organizada polos EDL destes centros, co fin de facer unha xornada deportivo-cultural na que a nosa lingua adquira un gran protagonismo en todas as actividades realizadas.
Este ano participamos preto de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP de Beariz; CPR Vila do Arenteiro e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
Os participantes, nesta xornada, din que xamais a olvidarán xa que coñeceron a outros nenos e nenas da comarca cos que, en próximos anos, coincidirán, nos estudos da ESO, na Vila do Carballiño.
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
Galería de imaxes da xuntanza Resultados dos encontros deportivos
Flashmob " Falemos Galego"


Enquisa sobre o emprego da lingua galega

Deberedes cumprimentar a seguinte enquisa para actualizar os datos lingüísticos do centro. Recolleredes, tamén, os datos dos vosos pais e nais e os reflectiredes nesta páxina.

miércoles, 21 de marzo de 2012

Día Mundial da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no colexio o Día Mundial da Poesía.
Ao longo de toda a semana realizamos diversos obradoiros de poesía destinados a mellorar a técnica escrita dos nosos poetas.
Como remate da actividade, convocamos un concurso de poesía, no que os mellores poetas do cole recitarán as súas creacións literarias ante toda a comunidade educativa. Esta actividade realizarémola na tarde do venres.
Anímate e participa.
Ver imaxes da celebración do Día Mundial da Poesía


martes, 13 de marzo de 2012

Convivencia intercentros da comarca do Carballiño

O próximo día 22 de marzo celebraremos no noso centro a IV Convivencia intercentros que organizan os EDL dos nosos centros en defensa e fomento do emprego do galego.

Na seguinte ligazón podedes observar a letra do flashmob que interpretaremos todos os noenos e nenas da comarca. Ver nova

lunes, 12 de marzo de 2012

Semana da prensa

Ao longo desta semana realizaremos diversas actividades relacionadas coa prensa.
A actividade pricipal será a elaboración dun gran mural no aula no que se reflictan as principais seccións dun xornal, así como diversas formas de plasmar as novas que acontecen.
Varios dos recursos os traballaremos na seguinte ligazón "Semana da prensa. Os xornais no aula"

VII Obradoiro de Xogos Populares

Durante os mércores do mes de marzo realizaremos no noso centro o VII obradoiro de xogos populares que será impartido polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.
Nestas sesións traballaremos os seguintes xogos:
Pillas, Bolos e virolla e Xogos bailados.



Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da actividade

viernes, 9 de marzo de 2012

Un misterio na mochila de Alba



Este trimestre traballamos no Club de lectura co libro de Fina Casalderrey titulado "Un misterio da mochila de Alba".
Argumento:" Alba vive nunha casa abandonada. Os veciños do lugar non entenden que una nena tan pequena viva soa, acompañada unicamente de súa mochila branca. Entón, dous nenos e una nena comezan a seguila, intrigados polo contido da mochila. Alba rexeita os seus ofrecementos para conseguir la bolsa; por nada do mundo se desprendería do seu contido."

Esta lectura permitiunos traballar valores medioambientales e a amistade.


Deixade as vosas opinións sobre esta lectura nos comentarios.

jueves, 8 de marzo de 2012

Concurso de cartaces de galego


Un ano máis, participaremos no o IV concurso para a defensa e promoción do galego que organiza á Coordinadora de EDL da Comarca do Carballiño. A edición deste ano terá dúas modalidades: unha de cartaces, coma en anos anteriores, para Ed. Infantil e Ed. Primaria e unha de marcapáxinas para o alumnado de ESO e Bacharelato.

Bases xerais As bases de participación son as seguintes:  

Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.
As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.  
Os traballos serán presentados antes do 20 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.   
O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.  
Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.  
Os gañadores serán comunicados a través deste Blog antes do Día das Letras Galegas.  

Modalidade de cartaces para Ed. Infantil e Ed. Primaria
  • As bases de participación son as seguintes:
1º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.
2º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.
3º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:
Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria.
Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Modalidade de marcapáxinas para ESO e Bacharelato
  • As bases de participación son as seguintes:
O tema será a defensa e/ou a promoción do galego.
Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato en cartolina de tamaño 20 cm de largo por 5 cm de ancho.
Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo: 1º Ciclo, 2º Ciclo e Bacharelato.


Campanas de Bastabales

Aquí está a nosa interpretación do poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastabales" con música de Amancio Prada.

8 de marzo, Día da Muller Traballadora



Hoxe conmemoramos o Día da Muller Traballadora. Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York.
UD que elaborou o Equipo de Biblioteca.

Unha das actividades foi a realización dunha enquisa na nosa familia para ver como se compartían as tarefas do fogar.

Na seguinte ligazón podedes cubrir a enquisa.

Na seguinte ligazón atoparedes os resultados da enquisa

Unha vez analizados os resultados da enquisa deberedes deixar un comentario persoal sobre os datos obtidos.

Autobús Movistar 3G

O 8 de marzo visitamos ao autobús de Movistar 3G que acudiu ao noso centro. Navegamos por internet e realizamos algúns xogos.
Ao remate déromnnos uns agasallos.
Ver galería de imaxes

lunes, 5 de marzo de 2012