jueves, 30 de enero de 2014

Facendo pombas para a Paz

Tedes que ser quen de construir unha pomba para a Paz.
Podesdes utilizar os seguintes titoriais:
 




Día da Paz e Non Violencia

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non Violencia e conmemórase a morte do asasinato de Mahatma Ghandi.

Nós imos a completar a unidade didáctica que elaborou o EDL do CEIP de Ponte dos Brozos.

As tarefas de investigación deberedes completalas no Aula virtual do centro.

lunes, 27 de enero de 2014

Wiki sobre o noso Concello


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/aulavirtual/mod/wiki/view.php?id=1732

Entre todos imos a crear unha Wiki sobre Boborás. Comezaremos engadindo información das parroquias que o integran e dos diferentes pobos e lugares de cada parroquia.

Cada un de nós encargarase de completar o texto referente a súa parroquia. Para os pobos que non coñezades, deberedes obter a información coa axuda dos vosos familiares e veciños.

Tamén teredes que realizar fotos dos lugares máis importantes dos vosos pobos e subilos á carpeta de Boborás do voso dropbox creando unha carpeta para cada parroquia. Desde aí ligaredes as imaxes á wiki.

jueves, 23 de enero de 2014

Agrupación Deportiva Arenteiro

Imos a pescudar información en internet e na biblioteca sobre os concellos onde viven os nosos compañeiros dos colexios cos que imos a competir no programa Xogade da Consellería de Cultura e Educación.
A información que elaboremos reflictirémola na WIKI do noso aula virtual.

 Completaremos a WIKI con información sobre as destintas competicións nas que imos a participar.

lunes, 20 de enero de 2014

Traballo sobre os planetas

En parellas realizaredes un traballo de investigación seguindo as pautas comentadas en clase.
Dita investigación a reflectiredes nun Prezi.
Unha vez rematada a presentación realizaredes a seguinte actividade do aula virtua do tema 5.

viernes, 10 de enero de 2014

Biografías de Nadal

Para presentar os traballos das biografías lidas en Nadal deberedes realizar unha presentación en Prezi.
O seguinte esquema pódevos servir de exemplo para elaborar os vosos traballos.

Non vos esquezades de ilustrar o traballo con imaxes ou outros arquivos multimedia.

Unha vez rematado o traballo realizarás a Tarefa sobre biografía que se atopa na seguinte ligazón da aula virtual