martes, 27 de noviembre de 2012

viernes, 23 de noviembre de 2012

Fase zonal de Campo a través


Equipo infantil femininoO xoves, 22 de novembro, participamos na proba de Campo a Través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta convocatoria participaron un total de nove centros da comarca do Carballiño, cun total de 429 inscritos, nas diferentes probas.
É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.
Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.
Preme para ver as clasificacións:


Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Plástica

Imos a crear unha imaxe moi persoal. Primeiro tedes que descargar umha imaxe vosa da Galería de imaxes.
Despois hai que visitar o aula virtual de Plástica e seguir as indicacións que se vos ofrecen.

martes, 13 de noviembre de 2012

O magosto

Imos realizar as actividades que están accesibles no aula virtual do colexio. Despois do receo da mañá celebraremos o magosto no patio exterior.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Recursos para traballar a pintura no aula

Na seguinte ligazón atoparedes moitos recursos, elaborados pola biblioteca escolar López Ferreiro, que nos serán de utilidade para traballar o tema da pintura no área de coñecemento.

jueves, 1 de noviembre de 2012

Celebración do Samaín

O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio cun día de adianto. Este ano volverémolo a celebrar no colexio coa realización das seguintes actividades:
  • Imaxes da celebración da festa do Samaín:
 
 
 


Formulario para votar polos mellores traballos presentados a concurso:

Ver Resultados das votacións: Cabazas e Mazorcas. Preme para ver aos gañadores.


Vídeos para ver no Samaín: