viernes, 24 de febrero de 2012

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Este ano celebramos o 175 aniversario do seu nacemento.

Para saber un pouco máis sobre a súa vida e obra observa detidamente este vídeo:


Escoita estes dous poemas dela e aprende de memoria o que máis che guste para recitalo ante a clase:

Campanas de Bastabales: 
   

Adios ríos, adios fontes

 

Negra sombra


Materiais para traballar na clase:
  • Vida e obra elaboradas polo EDL do cole.
  • Actividades elaboradas polo equipo de biblioteca de Caratola Tola
  • Actividades en LIM do equipo de biblioteca de Caratola Tola.
  • Fac-símili de Follas Novas

sábado, 18 de febrero de 2012

Celebración do entroido

XOVES DE COMADRES
O xoves 16 de febreiro celebramos o xoves de comadres no colexio. Todo o alumnado e profesorado asistiu disfrazado ao colexio. Este ano a imaxinación na confección dos disfraces foi espectacular e a calidade e orixinalidade dos mesmos provocou que foran moitos os premiados no desfile de disfraces que realizamos pola tarde.
Foi unha xornada educativa-festiva na que estivo presente o espírito rural e enxebre desta festa na que non faltou boa música para mover o esqueleto sen parar.
  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

VENRES DE ENTROIDO
O venres 17 de febreiro, como acto final da semana do entroido, realizamos o desfile de entroido desde o colexio ata o Concello de Boborás, pasando polas principais rúas do pobo. A participación da comunidade educativa foi moi alta, a pesar da hora en que se celebrou. 
Este ano o tema central do entroido foi o conto de "Brancaneves e os sete ananiños", na galería de imaxes podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras.
Como colofón final, a esta celebración, invitámos a todas e todos os participantes no evento a unha chocolatada con churros e bica elaborada pola nosa fabulosa cociñeira Ana.  
  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

martes, 14 de febrero de 2012

lunes, 13 de febrero de 2012

Día de San Valentín


No Día de San Valentín traballaremos as lecturas que se vos ofrecen na seguinte ligazón.
O poema recitarédelo por parellas ante toda a clase.
Podedes visionar en Youtube algún video onde se recite o poema "Amor eterno" de Gustavo Adolfo Becquer.

Mandas do entroido

O profesorado e alumnado de 3º Ciclo está a cumprir coas mandas que ten imposto o meco do colexio.
Para ver todas as imaxes premede na imaxe da dereita.

domingo, 12 de febrero de 2012

As mandas da semana do entroido

Xa chegou o entroido a Boborás!!
Este ano o meco tráenos as seguintes mandas
MANDAS DO MECO

O luns, trece
trae algo na cabeza,
pois comeza o entroido
que non che de pereza.

O martes, día catorce
trae os zapatos diferentes,
e ponte algo vermello
se namorado te sentes.

O mércores, día quince
no teu corpo has de poñer
algo que chame a atención
e simpático deberá ser.

O xoves, día dezaseis
se no cole queres entrar
disfrázate do que queiras
e así poderás pasar.

E o venres, día dezasete...
¡¡Brancaneves e os ananiños
por Boborás desfilarán
e a gran chocolatada comerán!!
 Invitación


 Descargar mandas


Entroido en Galiza

Elaboramos un libro electrónico sobre as principales manifestacións do entroido en Ourense que pretendemos ir ampliando pouco a pouco.

Para visitala preme na imaxe:

lunes, 6 de febrero de 2012

Final comarcal de campo a través

Saída de alevínfemininoO día 2 de febreiro participamos na final comarcal de Campo a través na magnifica paraxe do Puzo do Lago de Maside.
Nunha mañá soleada, aínda que fría, 270 corredores  pertencentes aos colexios: CEIP de Bearíz; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo; CEIP Eulogio Gómez Franquira de San Amaro; IES nº 1 do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
Este ano, as inscricións sufriron unha merma considerable debido á protesta que moitos centros públicos están a facer contra as directrices e normativas que está a ditar a Xunta de Galiza e que redundan negativamente na calidade do ensino.
Felicitamos a todas e todos os participantes e en especial aos que acadaron subir ao podio do noso colexio: Amancio Sanjurjo en categoría infantil masculino e Sara Ramírez en categoría infantil feminino.
As clasificacións completas podédelas descargar aquí:
  • Cadro de honra
  • Clasificación individual por categorías
  • Clasificación por equipos
Na seguinte ligazón podedes acceder á reportaxe fotográfica da carreira

Video das carreiras:

Os nosos traballos do Día da Paz

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.
Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".
Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:
  • Reportaxe fotográfica
Video do baile

Video coas actvidades do Día da Paz e non Violencia

Como facer un traballo

Aquí tendes resumidos os pasos que hai que seguir para realizar un traballo de investigación con éxito.