martes, 29 de octubre de 2013

Concurso de cabazas e mazorcas

O 29 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio con dous de adianto. Este ano volvémolo a celebrar no colexio coa realización das seguintes actividades:
  • Imaxes da celebración da festa do Samaín:
 

  • Concurso de mazorcas.
  • Concurso de cabazas.
  • Premiados no concurso de cabazas e mazorcas
  • Decoración das entradas das aulas.
 

  • Representación de guiñol: "A Cachiporra máxica".
  • Interpretación coreográfica das seguintes cancións.
    • O baile do esqueleto.
    • O reloxo canta as horas.
  • Diversos xogos terroríficos:
    • Vestir a momia.
    • En busca da cabaza perdida.


Formulario para votar polos mellores traballos presentados a concurso:

Ver Resultados das votacións: Cabazas e Mazorcas. Preme para ver os resultados das votacións.


Conto realizado polo alumando de 3º Ciclo:
O CLARO DO BOSQUE

lunes, 28 de octubre de 2013

Actividades interactivas sobre o Samaín

 
Ligazóns a actividades interactivas relacionadas coa festa do Samaín:
LIM
VARIOS

jueves, 10 de octubre de 2013

Viaxe a Marcelle

O 8 de outubro realizamos a primeira saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, por fin, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.
Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.
Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.
Pasámolo XENIAL!!

viernes, 4 de octubre de 2013

Os 5 reinos dos seres vivos

Nas seguintes ligazóns atoparás imaxes para completar os esquemas do tema 1 de coñecemento do medio:

Repasamos o tema 1 de mates

Visitaremos a seguinte ligazón para repasar os números romanos. Non vos esquezades que no aula virtual hai moitas máis actividades interactivas para reapsar o tema da numeración.


Na seguinte ligazón repasaremos a xerarquía das operacións combinadas.


jueves, 3 de octubre de 2013

Concurso: Ilustramos unha vaca

Imos participar no concurso ilustra unha vaca que convocou o Museo do Domus da Coruña para utilizar nunha exposición sobre acuicultura que terá lugar no Aquarium Finisterrae.



miércoles, 25 de septiembre de 2013

jueves, 12 de septiembre de 2013

Reunión cos pais e nais do alumnado

O xoves 12 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria e Ed. Infantil, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.

Os familiares do alumnado de Educación infantil terán unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.

Na reunión porase de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.

Facilitarase a seguinte información na reunión:

  • Nova normativa de comedor. (Moi importante)
  • Normativa de transporte.
  • Horario do centro.
  • Fichas de datos.
  • Horarios do alumnado.
  • Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
    • Proxecta, PROA, PLAMBE, Abalar, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...
  • Ao rematar a reunión xeral, os titores informarán nas súas clases, aos familiares do alumnado, sobre diversos aspectos a ter en conta no desenvolvemento do curso escolar 2013/2014.

NON FALTEDES !!

Un ano máis

Hoxe deu comezo o curso académico 2013/2014.
Para moitos de nós foi un día moi especial porque facía máis de dous meses que non viamos a varios dos nosos compañeiros e amigos... o único problema foi que tivemos que madrugar un pouco máis, do que o fixemos ao longo das vacacións.
Este curso, o alumnado de 6º volvemos a ter dde titor ao mesmo mestre, alumnado de 5º cambia de titoría.
En total somos 18 alumnos en clase, o que fai que sexamos a clase máis numerosa do cole, por iso imos intentar cumprir a normas de clase e do cole para axudar a que a convivencia ao longo deste curso sexa moito máis levadeira.


ÁNIMO E SORTE NESTE NOVO CURSO!!

viernes, 31 de mayo de 2013