jueves, 12 de septiembre de 2013

Un ano máis

Hoxe deu comezo o curso académico 2013/2014.
Para moitos de nós foi un día moi especial porque facía máis de dous meses que non viamos a varios dos nosos compañeiros e amigos... o único problema foi que tivemos que madrugar un pouco máis, do que o fixemos ao longo das vacacións.
Este curso, o alumnado de 6º volvemos a ter dde titor ao mesmo mestre, alumnado de 5º cambia de titoría.
En total somos 18 alumnos en clase, o que fai que sexamos a clase máis numerosa do cole, por iso imos intentar cumprir a normas de clase e do cole para axudar a que a convivencia ao longo deste curso sexa moito máis levadeira.


ÁNIMO E SORTE NESTE NOVO CURSO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Interésanos a túa opinión!