Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de febrero de 2014

Día da Paz e non violencia


Durante a semana do 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.
Na seguinte galería de imaxes podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

CONSELLOS DE FACUNDO

"LIGHT A CANDLE FOR PEACE"
LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ
COLOR ESPERANZA
GUERRA DE GLOBOS

jueves, 30 de enero de 2014

Facendo pombas para a Paz

Tedes que ser quen de construir unha pomba para a Paz.
Podesdes utilizar os seguintes titoriais:
 




Día da Paz e Non Violencia

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non Violencia e conmemórase a morte do asasinato de Mahatma Ghandi.

Nós imos a completar a unidade didáctica que elaborou o EDL do CEIP de Ponte dos Brozos.

As tarefas de investigación deberedes completalas no Aula virtual do centro.

lunes, 6 de febrero de 2012

Os nosos traballos do Día da Paz

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.
Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".
Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:
  • Reportaxe fotográfica
Video do baile

Video coas actvidades do Día da Paz e non Violencia

lunes, 30 de enero de 2012

Día da Paz e non Violencia

Visionade o seguinte video e reflexionade en grupos de 4 sobre el, elaborando, asemade, un listado de ideas.
Posteriormente faremos unha posta en común, destas ideas, entre todos os membros da clase.

Ai! eu non pego

Esta é a letra e a música da canción que imos a interpretar o Día da Paz e non Violencia no centro.

AI! EU NON PEGO

RETROUSO
Mozos, mozas así vemos a paz
Ai! Eu non pego. Ai ai! Eu tolero.
Caricias, caricias, eso gústanos mais.
Ai! Eu non pego. Ai ai! Eu perdoo.


1ª ESTROFA
Luns recreo na fila,
meu amigo intentouse colar
e chegou a pelexa mais tonta,
tomei coraxe e fixemos a paz.


2ª ESTROFA
Mércores, clase de mates,
un neno púxose a protestar,
a piques de baixarlle un puntiño
reflexionamos e fixemos a paz.
<--break->

A música esta nesta ligazón do noso Colexio

Algún día...

Visionade este fermoso video prestando moita atención a todo o que nel acontece xa que despois reflexionaremos sobre o seu contido.


"Sé o cambio que queres ver no mundo"
Gandhi.

Unha vez analizado o video deberedes deixar un comentario neste artigo.

sábado, 28 de enero de 2012

Día da Paz e Non Violencia

Unha vez que teñades preparada  a lectura sobre o Día da Paz e non Violencia tedes que completar o seguinte Caza do Tesouro e entregar as cuestións ao titor. Coa tarefa da Gran pregunta realizaremos unha exposición nos taboleiros do 3º Ciclo.

lunes, 24 de enero de 2011

Caza do tesouro do Día da Paz

Deberedes completar o seguinte Caza do tesouro e entregar as cuestións ao titor. Coa tarefa da Gran pregunta realizaremos unha exposición nos taboleiros do 3º Ciclo.

jueves, 13 de enero de 2011

Día da Paz

Xa falta pouco para ó Día da Paz.

Para ir ambientándose un pouco deberedes visionar o seguinte video e facer un comentario nesta entrada sobre o mesmo.