O xoves 12 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria e Ed. Infantil, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.
Os familiares do alumnado de Educación infantil terán unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.
Na reunión porase de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.
Facilitarase a seguinte información na reunión:
- Nova normativa de comedor. (Moi importante)
- Normativa de transporte.
- Horario do centro.
- Fichas de datos.
- Horarios do alumnado.
- Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
- Proxecta, PROA, PLAMBE, Abalar, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...
- Ao rematar a reunión xeral, os titores informarán nas súas clases, aos familiares do alumnado, sobre diversos aspectos a ter en conta no desenvolvemento do curso escolar 2013/2014.
NON FALTEDES !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Interésanos a túa opinión!