- Ligazón ao formulario de valoración.
- Ligazóns en youtube aos poemas:
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
martes, 25 de febrero de 2014
Valoramos os poemas recitados en clase
jueves, 13 de febrero de 2014
San Valentín 2014
Para o día de san Valentín imos a preparar as seguintes actividades:
- Realizar a UD que elaborou o EDL do centro.
- Facer tres grupos e recitar de memoria un dos poemas que se ofrecen na seguinte ligazón.
- Ilustrar o poema elixido.
- Gravaremos en vídeo o poema.
- Elaborar un acróstico seguindo o modelo.
- Todas estas tarefas serán avaliadas no aula virtual.
- Ligazóns en youtube aos poemas:
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Os alumnos e alumnas fan de mestres
Hoxe, día de San José de Calasanz o alumnado de 3º ciclo vai facer de mestre para celebrar o noso Patrón.
En grupos de 2 e 3 membros, imos a expoñer os traballos que fixemos ao longo desta semana:
- Franco.
- A vida de Negredo.
- Os volcáns.
- Normas de convivencia.
- Especies protexidas.
- A materia escura.
- Historia do fútbol.
- Evolución humana.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Celebramos o día de San José de Calasanz
O próximo mércores, 27 de novembro, celébrase o Día do Mestre por ser San José de Calasanz. Ata fai pouco dito día celebrábamos o Día da Educación.
Nós, para conmemorar dita data, ese día imos a mudar os "papeis" que temos na clase, é dicir, os alumnos e alumnas faredes de mestres e mestras ao longo de todo o día i eu serei un alumno máis da clase.
Para realizar o voso traballo de mestres debedes facer grupos de 2 ou 3 membros e escoller un tema que vos guste e que posteriormente exporedes ao resto dos compañeiros da clase. Os mellores mestres repetirán as súas docencias no resto das aulas do colexio.
- Consensuade o tema e escollede un que vos sexa doado de preparar.
- A temática do traballo é libre.
- É recomendable facer un guión previo antes de comezar a realizar o traballo.
- A documentación que fagades podédela presentar no EDI.
- Poderedes usar pequenos guións para dar a clase.
- Debedes usar imaxes, gráficas ou vídeos para acompañar as vosas explicacións.
sábado, 9 de noviembre de 2013
O magosto
Ao longo do mes de novembro celébrase en moitas localidades de Galiza a festa do magosto. Nós no cole celebrarémolo o martes 12 de novembro.
Imos pescudar un pouco de información sobre a celebración desta festa. Para elo realizaredes as seguintes actividades:
- Lectura sobre o magosto do texto orixinal de Xosé Antón Vicente.
- Pescuda de información para completar a seguinte ficha.
martes, 5 de noviembre de 2013
Máscaras de Samaín
Estas son as máscaras que creamos co noso mestre de inglés na semana previa á celebración do Samaín.
lunes, 4 de noviembre de 2013
Imos ilustrar o magosto
Imos crear un rótulo que anuncie a festa do magosto. Usaremos a seguinte aplicación de Ampergram.
Posteriormente crearemos un "collage" con imaxes do magosto do ano pasado que atoparedes na galería de imaxes do colexio.
Para realizar o collage usaremos a aplicación de Pixlr.
Todas as tarefas as gardarás na carpeta do alumnado do teu ordenador. Cando remates deberás subilas á carpeta de 3º Ciclo do teu Dropbox.
Posteriormente crearemos un "collage" con imaxes do magosto do ano pasado que atoparedes na galería de imaxes do colexio.
Para realizar o collage usaremos a aplicación de Pixlr.
Todas as tarefas as gardarás na carpeta do alumnado do teu ordenador. Cando remates deberás subilas á carpeta de 3º Ciclo do teu Dropbox.
martes, 19 de febrero de 2013
Día de Rosalía
O 24 de febreiro cúmprense 176 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos".
Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades:
- Lectura do libro web do noso cole sobre Rosalía de Castro.
- Visionar o vídeo do CEIP Arquitecto Casas Nóvoa.
- Completar a seguinte ficha sobre a súa vida e obra.
- Memorizar por equipos un dos poemas facilitados e recitalo ante a clase.
- Realizar un collage con nove imaxes da súa vida e obra que deberás descargar de google. Usarás o programa de edición de imaxes online Pixlr.
- O collage gardaralo co teu nome na carpeta compartida de 3º ciclo de Dropbox "Rosalía de Castro".
- Realizar as actividade do LIM da biblioteca Caratola Tola.
jueves, 14 de febrero de 2013
Día de San Valentín
No libro web que hai na web do colexio atoparás información sobre a Lenda de San Valentín.
Unha vez lida a súa historia deberás completar a páxina de comprensión lectora que hai na seguinte Unidade didáctica elaborada polo noso EDL.
- Recitaredes de memoria un dos poemas de amor que atoparás na Web de Norberto.
- Faredes un acróstico seguindo o modelo de máis abaixo:
- Que é un acróstico?
- Modelo para facer un acróstico.
- Por último, ilustraredes o poema de amor que aprendistes de memoria..
- Galería de imaxes para colorear.
miércoles, 6 de febrero de 2013
Pescudando sobre o entroido
Imos pescudar sobre como se celebra o entroido en outras zonas de Galiza. Terás que realizar a seguintes tarefas individualmente:
- Visita o libro web sobre o entroido que hai na web do colexio.
- Escolle un dos entroido que máis che gusten e completa a seguinte ficha.
- Realiza unha composición plástica en tamaño A4 sobre o elemento característico do entroido elixido. Busca imaxes en google ou na Web de Norberto.
- Expón o traballo realizado no taboleiro do corredor do 2º piso do cole.
lunes, 4 de febrero de 2013
Celebración do entroido
Preme na imaxe para acceder ao libro web no que iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2013 no noso centro.Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.
Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.
O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.
Animámosvos a participar a todas e todos!!
Feliz entroido!!
martes, 13 de noviembre de 2012
O magosto
Imos realizar as actividades que están accesibles no aula virtual do colexio. Despois do receo da mañá celebraremos o magosto no patio exterior.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

