Elaboramos unha wiki para o alumnado de 2º e 3º ciclo, na que iremos recollendo todos aqueles refráns que por tradición oral nos transmitan os nosos familiares.
Asemade, tamén recolleremos os que imos traballando nas áreas de lingua ao longo do curso
Desde o regreso de Semana Santa estamos a realizar actividades en relación a celebración do Día do Libro.
As máis destacadas son:
Obradoiro de banda deseñada que estamos a realizar en todos os ciclos e niveis e que ten como actividade final a realización dun cómic para presentar ao concurso que se convocou desde o Equipo de biblioteca en colaboración co EDL do centro.
Elaboración dun libro de banda deseñada con todos os traballos presentados que pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
Representación no salón de actos do cole da obra de teatro"O mundo sabe a mar", en colaboración coa Consellería de Pesca.
Un contacontos realizados polo alumnado de terceiro ciclo para os alumnos máis cativos do cole: "Os trota músicos".
Entrega dos premios aos mellores lectores deste cuatrimestre.
Elaboración dun gran cartaz na entrada do centro sobre o Día do Libro no que representaremos a imaxe desta nova que elaboraron o equipo de biblioteca, Equipo TIC e EDL, en coordinación.
Visionado no salón de actos dos seguintes vídeos en galego, inglés e español para reflexionar sobre a importancia que lle damos aos libros e lectura:
O mércores, 22 de abril, paricipamos no VII torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón Paco Chao do Carballiño.
No torneo participamos os equipos dos seguintes colexios na categoría de alevíns mixtos: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP Virxe da Pena da Sela; CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.
A xornada foi unha gran festa deportiva, onde demostramos que se pode desfrutar do deporte máis alá do fútbol.
Desde aquí queremos felicitar a todos os xogadores e mestres polo esquisito comportamento amosado ao longo do campionato, e agradecer aos responsables do pavillón a dispoñibilidade prestada.
O calendario de partidos e resultados pódese descargar aquí
Prestade atención ao seguinte vídeo que analizaremos no Club de Lectura na semana do Día do Libro.
O relato centrase en contar como un pequeno rapaz decide dar a súa vida polos libros, e ao mesmo tempo, como os libros lle devolven o favor. Unha historia chea de maxia e cor que seguro que vos encanta.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao xornalista, escritor e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.
Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.
O día 22 de marzo celebramos a IV convivenvia intercentros organizada polos EDL destes centros, co fin de facer unha xornada deportivo-cultural na que a nosa lingua adquira un gran protagonismo en todas as actividades realizadas.
Este ano participamos preto de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP de Beariz; CPR Vila do Arenteiro e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
Os participantes, nesta xornada, din que xamais a olvidarán xa que coñeceron a outros nenos e nenas da comarca cos que, en próximos anos, coincidirán, nos estudos da ESO, na Vila do Carballiño.
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
Elaboración de chapasnas que manifestamos os nosos sentimentos cara a lingua do país.
Interpretación do Rap do Faraón, polo alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
Participación na sesión de contacontos "As árbores atrapadoras de contos" realizada por prestixioso contador de contos Anxo Moure Mosquera.
Deberedes cumprimentar a seguinte enquisa para actualizar os datos lingüísticos do centro. Recolleredes, tamén, os datos dos vosos pais e nais e os reflectiredes nesta páxina.
O día 21 de marzo celebramos no colexio o Día Mundial da Poesía.
Ao longo de toda a semana realizamos diversos obradoiros de poesía destinados a mellorar a técnica escrita dos nosos poetas.
Como remate da actividade, convocamos un concurso de poesía, no que os mellores poetas do cole recitarán as súas creacións literarias ante toda a comunidade educativa. Esta actividade realizarémola na tarde do venres.
Anímate e participa.
Ver imaxes da celebración do Día Mundial da Poesía
O próximo día 22 de marzo celebraremos no noso centro a IV Convivencia intercentros que organizan os EDL dos nosos centros en defensa e fomento do emprego do galego.
Na seguinte ligazón podedes observar a letra do flashmob que interpretaremos todos os noenos e nenas da comarca. Ver nova
Ao longo desta semana realizaremos diversas actividades relacionadas coa prensa.
A actividade pricipal será a elaboración dun gran mural no aula no que se reflictan as principais seccións dun xornal, así como diversas formas de plasmar as novas que acontecen.