viernes, 20 de abril de 2012

Actividades para a semana do Día do Libro

Desde o regreso de Semana Santa estamos a realizar actividades en relación a celebración do Día do Libro.
As máis destacadas son:
  • Obradoiro de banda deseñada que estamos a realizar en todos os ciclos e niveis e que ten como actividade final a realización dun cómic para presentar ao concurso que se convocou desde o Equipo de biblioteca en colaboración co EDL do centro.
  • Elaboración dun libro de banda deseñada con todos os traballos presentados que pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
  • Representación no salón de actos do cole da obra de teatro"O mundo sabe a mar", en colaboración coa Consellería de Pesca.
  • Un contacontos realizados polo alumnado de terceiro ciclo para os alumnos máis cativos do cole: "Os trota músicos".
  • Entrega dos premios aos mellores lectores deste cuatrimestre.
  • Elaboración dun gran cartaz na entrada do centro sobre o Día do Libro no que representaremos a imaxe desta nova que elaboraron o equipo de biblioteca, Equipo TIC e EDL, en coordinación.
  • Visionado no salón de actos dos seguintes vídeos en galego, inglés e español para reflexionar sobre a importancia que lle damos aos libros e lectura:
"Como se fai un libro"

"The Fantastic Flying Books of Mr. Morris"
"Palabras"

3 comentarios:

  1. O día do libro foi moi divertido fixemos moitas actividades vimos dous videos the fantastic flying books e o outro gústame leer, Eu gañei un premio e meu irmau tamén, déronnos unha caixa de pinturas e unha agenda moi chula.Tamén fixemos unha canción titulada amigo libro, eu tiña un pouco de vergoña.

    ResponderEliminar
  2. Unha pena que se esten cambiando os libros polos Notebook.

    ResponderEliminar

Interésanos a túa opinión!