O día 22 de marzo celebramos a IV convivenvia intercentros organizada polos EDL destes centros, co fin de facer unha xornada deportivo-cultural na que a nosa lingua adquira un gran protagonismo en todas as actividades realizadas.
Este ano participamos preto de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP de Beariz; CPR Vila do Arenteiro e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
Os participantes, nesta xornada, din que xamais a olvidarán xa que coñeceron a outros nenos e nenas da comarca cos que, en próximos anos, coincidirán, nos estudos da ESO, na Vila do Carballiño.
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
- Elaboración de chapas nas que manifestamos os nosos sentimentos cara a lingua do país.
- Interpretación do Rap do Faraón, polo alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
- Participación na sesión de contacontos "As árbores atrapadoras de contos" realizada por prestixioso contador de contos Anxo Moure Mosquera.
- Maratón de fútbol sala entre todos os centros.
- Entrega de medallas conmemorativas.
- Xantar de convivencia no área recreativa do noso centro.
- Participación no flashmob "Falemos galego".
- Realización de foto de gran familia de todos os participantes.
Flashmob " Falemos Galego"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Interésanos a túa opinión!