- Visita o libro web sobre o entroido que hai na web do colexio.
- Escolle un dos entroido que máis che gusten e completa a seguinte ficha.
- Realiza unha composición plástica en tamaño A4 sobre o elemento característico do entroido elixido. Busca imaxes en google ou na Web de Norberto.
- Expón o traballo realizado no taboleiro do corredor do 2º piso do cole.
miércoles, 6 de febrero de 2013
Pescudando sobre o entroido
Imos pescudar sobre como se celebra o entroido en outras zonas de Galiza. Terás que realizar a seguintes tarefas individualmente:
lunes, 4 de febrero de 2013
Celebración do entroido
Preme na imaxe para acceder ao libro web no que iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2013 no noso centro.Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.
Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.
O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.
Animámosvos a participar a todas e todos!!
Feliz entroido!!
viernes, 25 de enero de 2013
Final comarcal de Campo a través
Participaron un total de 10 centros educativos da comarca do Carballiño, sendo cerca dos cincocentos os participantes inscritos.
A climatoloxía axudou moito a que a xornada se desenvolvera nun contexto idóneo para a práctica deportiva do campo a través, o que redundou nas fantánticas marcas acadadas polos atletas.
É de agradecer o bo comportamento e colaboración da práctica totalidade dos participantes que favoreceu que a xornada deportiva fose unha experiencia enriquecedora e inolvidable para todos e todas.
Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Roi Pagán polo 2º posto en categoría Benxamín e a Alberto Carracelas polo 2º posto en Alevín masculino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín masculino.
miércoles, 16 de enero de 2013
La gestación. Un milagro día a día
Nos seguintes vídeos poderás observar un fantástico documental da BBC sobre o proceso de xestación, desde a fecundación ata o parto.
jueves, 10 de enero de 2013
Banda deseñada
Imos a traballar no programa de banda deseñada Bitstrips. Nel creamos unha clase de traballo onde cada un de vos entrará coa clave suministrada e terá que facer as seguintes tarefas:
- Crear un avatar co voso nome.
- Facer unha viñeta de presentación do voso avatar, que vos servirá de práctica e familiarización do programa. É obrigatorio introducir polo menos un "bocadillo con texto".
- Realizar un traballo de banda deseñada que teña polo menos seis viñetas. Para a súa realización seguiremos os pasos traballados no obradoiro de Banda deseñada do curso pasado, que podemos repasar na seguinte ligazón. Traballo do CEIP A Ramallosa.
martes, 27 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
Fase zonal de Campo a través
É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.
Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.
Preme para ver as clasificacións:
Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.
jueves, 15 de noviembre de 2012
Plástica
Imos a crear unha imaxe moi persoal. Primeiro tedes que descargar umha imaxe vosa da Galería de imaxes.
Despois hai que visitar o aula virtual de Plástica e seguir as indicacións que se vos ofrecen.
Despois hai que visitar o aula virtual de Plástica e seguir as indicacións que se vos ofrecen.
martes, 13 de noviembre de 2012
O magosto
Imos realizar as actividades que están accesibles no aula virtual do colexio. Despois do receo da mañá celebraremos o magosto no patio exterior.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
