Imos a traballar no programa de banda deseñada Bitstrips. Nel creamos unha clase de traballo onde cada un de vos entrará coa clave suministrada e terá que facer as seguintes tarefas:
- Crear un avatar co voso nome.
- Facer unha viñeta de presentación do voso avatar, que vos servirá de práctica e familiarización do programa. É obrigatorio introducir polo menos un "bocadillo con texto".
- Realizar un traballo de banda deseñada que teña polo menos seis viñetas. Para a súa realización seguiremos os pasos traballados no obradoiro de Banda deseñada do curso pasado, que podemos repasar na seguinte ligazón. Traballo do CEIP A Ramallosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Interésanos a túa opinión!