O xoves, 22 de novembro, participamos na proba de Campo a Través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta convocatoria participaron un total de nove centros da comarca do Carballiño, cun total de 429 inscritos, nas diferentes probas.
É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.
Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.
Preme para ver as clasificacións:
Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.
Vaya día pasamos
ResponderEliminarAlex
Para min o campo a través foi moi cansado e pasei moito calor.
ResponderEliminarNaomi
Aquelo parecia o polo sur,que frio¡
ResponderEliminarIVÁN
Creo que aun teño agujetas dese día :(
ResponderEliminar