miércoles, 20 de noviembre de 2013

Celebramos o día de San José de Calasanz

O próximo mércores, 27 de novembro, celébrase o Día do Mestre por ser San José de Calasanz. Ata fai pouco dito día celebrábamos o Día da Educación. 
Nós, para conmemorar dita data, ese día imos a mudar os "papeis" que temos na clase, é dicir, os alumnos e alumnas faredes de mestres e mestras ao longo de todo o día i eu serei un alumno máis da clase.
Para realizar o voso traballo de mestres debedes facer grupos de 2 ou 3 membros e escoller un tema que vos guste e que posteriormente exporedes ao resto dos compañeiros da clase. Os mellores mestres repetirán as súas docencias no resto das aulas do colexio.

Consellos:
  • Consensuade o tema e escollede un que vos sexa doado de preparar.
  • A temática do traballo é libre.
  • É recomendable facer un guión previo antes de comezar a realizar o traballo.
  • A documentación que fagades podédela presentar no EDI.
  • Poderedes usar pequenos guións para dar a clase.
  • Debedes usar imaxes, gráficas ou vídeos para acompañar as vosas explicacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Interésanos a túa opinión!