O 24 de febreiro cúmprense 176 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos".
Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades:
- Lectura do libro web do noso cole sobre Rosalía de Castro.
- Visionar o vídeo do CEIP Arquitecto Casas Nóvoa.
- Completar a seguinte ficha sobre a súa vida e obra.
- Memorizar por equipos un dos poemas facilitados e recitalo ante a clase.
- Realizar un collage con nove imaxes da súa vida e obra que deberás descargar de google. Usarás o programa de edición de imaxes online Pixlr.
- O collage gardaralo co teu nome na carpeta compartida de 3º ciclo de Dropbox "Rosalía de Castro".
- Realizar as actividade do LIM da biblioteca Caratola Tola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Interésanos a túa opinión!