Deberedes deixar un comentario sobre os traballos que máis vos gustaron.
lunes, 7 de mayo de 2012
Obradoiro de caricaturas
Se premedes na imaxe de abaixo veredes todas as caricaturas que realizamos no obradoiro de caricaturas sobre os compañeiros de clase.
Deberedes deixar un comentario sobre os traballos que máis vos gustaron.
Deberedes deixar un comentario sobre os traballos que máis vos gustaron.
Caza do tesouro sobre Paz Andrade
Deberedes resolver a seguinte Caza do Tesouro para pescudar sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade.
Webquest sobre Paz Andrade
Imos realizar un gran cartaz para a entrada do colexio. Para elaboralo teredes que resolver as tarefas que se vos encomendan na seguinte webquest.
domingo, 6 de mayo de 2012
Obradoiro de Cacimbo
O 3 de maio tivemos no noso centro a actuación de Aline Frazao, cantante angoleña, con raices en Cabo Verde, que nos mostrou a todos aqueles países que podemos acceder grazas a no lingua.
Con ela aprendimos cousas dos países de Cabo Verde, Mozambique e Angola ao mesmo tempo que participábamos nun magnífico obradoiro musical.
Na seguinte ligazón podes acceder ás imaxes da actuación
Se desexas ter en propiedade o seu último disco, Clave Bantu, preme aquí.
Se premedes na imaxe de Aline Franzao accederedes á nova completa.
Con ela aprendimos cousas dos países de Cabo Verde, Mozambique e Angola ao mesmo tempo que participábamos nun magnífico obradoiro musical.
Na seguinte ligazón podes acceder ás imaxes da actuación
Se desexas ter en propiedade o seu último disco, Clave Bantu, preme aquí.
Se premedes na imaxe de Aline Franzao accederedes á nova completa.
martes, 1 de mayo de 2012
Aline Franzao estará o xoves no noso centro
domingo, 22 de abril de 2012
Wiki sobre o Refraneiro Popular
viernes, 20 de abril de 2012
Actividades para a semana do Día do Libro
Desde o regreso de Semana Santa estamos a realizar actividades en relación a celebración do Día do Libro.As máis destacadas son:
- Obradoiro de banda deseñada que estamos a realizar en todos os ciclos e niveis e que ten como actividade final a realización dun cómic para presentar ao concurso que se convocou desde o Equipo de biblioteca en colaboración co EDL do centro.
- Elaboración dun libro de banda deseñada con todos os traballos presentados que pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
- Representación no salón de actos do cole da obra de teatro"O mundo sabe a mar", en colaboración coa Consellería de Pesca.
- Un contacontos realizados polo alumnado de terceiro ciclo para os alumnos máis cativos do cole: "Os trota músicos".
- Entrega dos premios aos mellores lectores deste cuatrimestre.
- Elaboración dun gran cartaz na entrada do centro sobre o Día do Libro no que representaremos a imaxe desta nova que elaboraron o equipo de biblioteca, Equipo TIC e EDL, en coordinación.
- Visionado no salón de actos dos seguintes vídeos en galego, inglés e español para reflexionar sobre a importancia que lle damos aos libros e lectura:
"Como se fai un libro"
"The Fantastic Flying Books of Mr. Morris"
"Palabras"
miércoles, 18 de abril de 2012
VII torneo de minibalonmán
O mércores, 22 de abril, paricipamos no VII torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón Paco Chao do Carballiño.
No torneo participamos os equipos dos seguintes colexios na categoría de alevíns mixtos: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP Virxe da Pena da Sela; CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.
A xornada foi unha gran festa deportiva, onde demostramos que se pode desfrutar do deporte máis alá do fútbol.
Desde aquí queremos felicitar a todos os xogadores e mestres polo esquisito comportamento amosado ao longo do campionato, e agradecer aos responsables do pavillón a dispoñibilidade prestada.
lunes, 16 de abril de 2012
Día do Libro 2012
Prestade atención ao seguinte vídeo que analizaremos no Club de Lectura na semana do Día do Libro.
O relato centrase en contar como un pequeno rapaz decide dar a súa vida polos libros, e ao mesmo tempo, como os libros lle devolven o favor. Unha historia chea de maxia e cor que seguro que vos encanta.
domingo, 15 de abril de 2012
Valentín Paz Andrade
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao xornalista, escritor e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.
Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.
Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




