domingo, 9 de marzo de 2014
Mudamos de blog
Desde o mes de 1 de marzo mudamos o traballo deste blog para o blog que creamos dentro da web do noso cole.
miércoles, 26 de febrero de 2014
Pescudando sobre o entroido
Hoxe imos a pescudar sobre o entroido en Galiza, para elo realizaredes a seguinte Caza do Tesouro.
Unha vez rematada a pescuda deberás realizar un cartaz/collage con imaxes características do entroido en Galicia e subila ao aula virtual.
martes, 25 de febrero de 2014
Valoramos os poemas recitados en clase
- Ligazón ao formulario de valoración.
- Ligazóns en youtube aos poemas:
lunes, 24 de febrero de 2014
Día de Rosalía

O 24 de febreiro cúmprense 177 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos".
Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades:
- Lectura do libro web do noso cole sobre Rosalía de Castro.
- Visionar o vídeo do CEIP Arquitecto Casas Nóvoa.
- Completar a seguinte ficha sobre a súa vida e obra.
- Memorizar por equipos un dos poemas facilitados e recitalo ante a clase.
- Realizar un collage con nove imaxes da súa vida e obra que deberás descargar de google. Usarás o programa de edición de imaxes online Pixlr.
- O collage gardaralo co teu nome na carpeta compartida de 3º ciclo de Dropbox "Rosalía de Castro".
- Realizar as actividade do LIM da biblioteca Caratola Tola.
domingo, 16 de febrero de 2014
Obradoiro de banda deseñada
Imos realizar un obradoiro de banda deseñada co programa Bitstrips, para poder entrar no programa teredes que usar o código do curso facilitado polo titor en clase.
- Ides a ter que crear un cómic seguindo o traballado en clase de Galego.
- Unha vez que rematedes o cómic teredes que subilo ao aula virtual do cole. Poderedes subir un máximo de dous traballos.
- Os mellores traballos recibirán un agasallo.
jueves, 13 de febrero de 2014
San Valentín 2014
Para o día de san Valentín imos a preparar as seguintes actividades:
- Realizar a UD que elaborou o EDL do centro.
- Facer tres grupos e recitar de memoria un dos poemas que se ofrecen na seguinte ligazón.
- Ilustrar o poema elixido.
- Gravaremos en vídeo o poema.
- Elaborar un acróstico seguindo o modelo.
- Todas estas tarefas serán avaliadas no aula virtual.
- Ligazóns en youtube aos poemas:
lunes, 10 de febrero de 2014
Contacontos de Kalandraka

O luns, 3 de xaneiro, viñeron ao noso colexio os pintacontos Olaia e Marc Taeger. Olaia ía contándonos contos e Marc ilustrábanos con debuxos o que pasaba.
Primeiro presentáronse e de seguido comezaron a contar contos. O primeiro libro contaba o que levaba Lorena na seu abrigo: un elefante, unha camisa, pixamas, paus, sabas...de todo. De seguido nos contou
a historia de “O abrigo máxico”, conto sobre un neno que pola mañá non atopaba ao seu pai e a súa nai mandoulle levar un doce a súa avoa. O neno foi polo camiño corto mentres que tiña que haber ido polo camiño longo. No camiño atopou a un neno que quería vender unha vaca; unha nena de rizos dourados que quería comer o pastel; un chuvasqueiro vermello e uns nenos que perderan aos seus pais. Cando chegou á casa da súa avoa atopou ao seu pai e aí acabou o conto. Marc fixo un debuxo sobre todo o que pasou neste conto.
a historia de “O abrigo máxico”, conto sobre un neno que pola mañá non atopaba ao seu pai e a súa nai mandoulle levar un doce a súa avoa. O neno foi polo camiño corto mentres que tiña que haber ido polo camiño longo. No camiño atopou a un neno que quería vender unha vaca; unha nena de rizos dourados que quería comer o pastel; un chuvasqueiro vermello e uns nenos que perderan aos seus pais. Cando chegou á casa da súa avoa atopou ao seu pai e aí acabou o conto. Marc fixo un debuxo sobre todo o que pasou neste conto.
A continuación contounos o conto “Boas noites señor bufo” . Nesta historia o bufo pretendía durmir de día pero os estorniños, pombas e paporroibos...non lle deixaban. Cando chegou a noite o bufo asustounos a todos e desde aquel día xa puido descansar polo día.
O último conto foi sobre o libro “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” do que é autor Marc Taeger. Nesta historia Marc en vez de debuxar unha casa, debuxou un alpendre chino e un lobo dragón chino...dixo que se confundira porque no seu país, Suíza, non existe o “eñe”, e en vez de entender Carapuchiña, entendeu Carapuchina.
Gustounos moito e queremos que volva outra vez...
Nova feita por Iván e Alba
martes, 4 de febrero de 2014
Redactando as novas normas de clase.
Como algúns de nós temos esquecidas un pouco as normas de comportamento que están vixentes no colexio, imos a revisar o Plan de Convivencia e a redactar unhas novas normas para o bo funcionamento do centro. Asemade, estableceremos as sancións que serán de obrigado cumprimento a que infrinxa estas normas.
- En primeiro lugar cubriremos a documento facilitado de xeito individual.
- Posteriormente en grupos poremos en común as nosas aportacións e melloraremos o documento.
- Unha vez rematado entre todos iremos completando a wiki creada para a ocasión.
lunes, 3 de febrero de 2014
Día da Paz e non violencia

Durante a semana do 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.
Na seguinte galería de imaxes podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.
CONSELLOS DE FACUNDO
"LIGHT A CANDLE FOR PEACE"
LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ
COLOR ESPERANZA
GUERRA DE GLOBOS
jueves, 30 de enero de 2014
Facendo pombas para a Paz
Tedes que ser quen de construir unha pomba para a Paz.
Podesdes utilizar os seguintes titoriais:
Podesdes utilizar os seguintes titoriais:
Día da Paz e Non Violencia
O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non Violencia e conmemórase a morte do asasinato de Mahatma Ghandi.
Nós imos a completar a unidade didáctica que elaborou o EDL do CEIP de Ponte dos Brozos.
As tarefas de investigación deberedes completalas no Aula virtual do centro.
lunes, 27 de enero de 2014
Wiki sobre o noso Concello
Entre todos imos a crear unha Wiki sobre Boborás. Comezaremos engadindo información das parroquias que o integran e dos diferentes pobos e lugares de cada parroquia.
Cada un de nós encargarase de completar o texto referente a súa parroquia. Para os pobos que non coñezades, deberedes obter a información coa axuda dos vosos familiares e veciños.
Tamén teredes que realizar fotos dos lugares máis importantes dos vosos pobos e subilos á carpeta de Boborás do voso dropbox creando unha carpeta para cada parroquia. Desde aí ligaredes as imaxes á wiki.
jueves, 23 de enero de 2014
Agrupación Deportiva Arenteiro
Imos a pescudar información en internet e na biblioteca sobre os concellos onde viven os nosos compañeiros dos colexios cos que imos a competir no programa Xogade da Consellería de Cultura e Educación.A información que elaboremos reflictirémola na WIKI do noso aula virtual.
Completaremos a WIKI con información sobre as destintas competicións nas que imos a participar.
lunes, 20 de enero de 2014
Traballo sobre os planetas
En parellas realizaredes un traballo de investigación seguindo as pautas comentadas en clase.
Dita investigación a reflectiredes nun Prezi.
Unha vez rematada a presentación realizaredes a seguinte actividade do aula virtua do tema 5.
Dita investigación a reflectiredes nun Prezi.
Unha vez rematada a presentación realizaredes a seguinte actividade do aula virtua do tema 5.
viernes, 10 de enero de 2014
Biografías de Nadal
Para presentar os traballos das biografías lidas en Nadal deberedes realizar unha presentación en Prezi.
O seguinte esquema pódevos servir de exemplo para elaborar os vosos traballos.
Non vos esquezades de ilustrar o traballo con imaxes ou outros arquivos multimedia.
Unha vez rematado o traballo realizarás a Tarefa sobre biografía que se atopa na seguinte ligazón da aula virtual
O seguinte esquema pódevos servir de exemplo para elaborar os vosos traballos.
Non vos esquezades de ilustrar o traballo con imaxes ou outros arquivos multimedia.
Unha vez rematado o traballo realizarás a Tarefa sobre biografía que se atopa na seguinte ligazón da aula virtual
lunes, 2 de diciembre de 2013
Arbol de Nadal
Imos realizar unha árbore de Nadal para decorar a porta da clase. Seguiremos o modelo da imaxe que aparece á dereita desta nova.
Cada alumno deberá colorear, cando menos, 8 estrelas de diferentes formas e tamaños.
As estrelas poderán sacarse dos modelos que se achegan na seguinte ligazón: Estrelas para colorear.
Unha vez coloreadas as estrelas rematarémolas con témpera de pupurina.
A ver quen é o que mellor decora as estrelas!!!
miércoles, 27 de noviembre de 2013
Os alumnos e alumnas fan de mestres
Hoxe, día de San José de Calasanz o alumnado de 3º ciclo vai facer de mestre para celebrar o noso Patrón.
En grupos de 2 e 3 membros, imos a expoñer os traballos que fixemos ao longo desta semana:
- Franco.
- A vida de Negredo.
- Os volcáns.
- Normas de convivencia.
- Especies protexidas.
- A materia escura.
- Historia do fútbol.
- Evolución humana.
jueves, 21 de noviembre de 2013
Ebooks que hai nos ereaders do cole
Nos ereaders do cole temos creada unha biblioteca electrónica na que hai dispoñibles varios ebooks aos que se pode acceder cun sólo clic.
Na seguinte ligazón podes ler un pequeno resumo nas fichas bibliográficas que elaboramos de cada un dos libros dispoñibles.
Na seguinte ligazón podes ler un pequeno resumo nas fichas bibliográficas que elaboramos de cada un dos libros dispoñibles.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Celebramos o día de San José de Calasanz
O próximo mércores, 27 de novembro, celébrase o Día do Mestre por ser San José de Calasanz. Ata fai pouco dito día celebrábamos o Día da Educación.
Nós, para conmemorar dita data, ese día imos a mudar os "papeis" que temos na clase, é dicir, os alumnos e alumnas faredes de mestres e mestras ao longo de todo o día i eu serei un alumno máis da clase.
Para realizar o voso traballo de mestres debedes facer grupos de 2 ou 3 membros e escoller un tema que vos guste e que posteriormente exporedes ao resto dos compañeiros da clase. Os mellores mestres repetirán as súas docencias no resto das aulas do colexio.
- Consensuade o tema e escollede un que vos sexa doado de preparar.
- A temática do traballo é libre.
- É recomendable facer un guión previo antes de comezar a realizar o traballo.
- A documentación que fagades podédela presentar no EDI.
- Poderedes usar pequenos guións para dar a clase.
- Debedes usar imaxes, gráficas ou vídeos para acompañar as vosas explicacións.
martes, 19 de noviembre de 2013
Concurso "Debuxa o teu cole"
Imos participar no concurso Debuxa o teu cole.
Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo
para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos teredes que plasmar a vosa
visión particular do colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o
papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar
na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a
creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade
lúdica e divertida.
Se quedes participar particularmente tamén o podedes facer entrando na Web do Bolechas.
- Plantilla para o alumnado de 5º curso.
- plantilla para o alumnado de 6º curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









