martes, 29 de noviembre de 2011

Campo a través: puzo do Lago

O xoves, 24 de novembro, celebrouse a primeira proba de campo a través do curso 2011/2012 no Puzo do Lago de Maside, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro.
Participamos un total de 8 centros educativos da comarca do Carballiño con 251 atletas inscritos.
A xornada deportiva estivo acompañada dun soleado día, o que axudou a que fose unha gran festa do deporte escolar da comarca.
Hai que felicitar a todos os participantes polo bo comportamento no desenvolvemento das diferentes probas e en especial aos corredores que conseguiron subir ao podio.
Clasificacións:
Imaxes da competición 



Máis información no Blog da Agrupación Deporiva Arenteiro.

Banda deseñada

Durante este mes ides a crear un comic co programa de banda deseñada de Bitstrips.
Para acceder ao taller de creación deberás utilizar as contrasinais que che indique o titor.
Una vez feitos os traballos, cada alumno deberá facer un artigo no seu blog sobre o comic e porlle unha ligazón ao mesmo.
Na seguinte liagzón atoparás os traballos que se están relaizando: Galería de comic.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Magosto 2011

O 17 de novembro celebramos o magosto no centro, cun pouco de retraso por culpa do mal tempo que tivemos na semana do San Martiño.
A comida, coma en anos anteriores, foi a base de chourizo con pan, bica e castañas asadas.
Durante toda a xornada realizamos diferentes actividades e xogos nos que participou todo o alumnado do centro.

Imaxes do magosto



lunes, 14 de noviembre de 2011

A lingua sabe a pan

Este fermoso video foi realizado por todos os membros da comunidade educativa do CPI Vircxe da Saleta de Cea. Parabéns para todos estes artistas.

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.