martes, 17 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011



O Día 16 de maio celebramos no centro o Día das letras Galegas con varias actividades organizadas e coordinadas desde a biblioteca:
  • Traballo no aula da UD sobre Lois Pereiro que realizaron os mestres do Seminario Galán de Arteixo.
  • Entrega dos premios aos gañadores do concurso de cartaces que convocara a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Comarca do Carballiño.
  • Entrega dos premios aos dous mellores lectores de cada Ciclo.
  • Visionado e Lectura da exposición de cartaces do concurso que convocara a Xunta sobre o poeta Lois Pereiro-
  • Visita á exposición permanente de cartaces premiados nos últios 3 anos na CENDL e que xa suman máis de 35 cadros que ambientan os corredores e paredes do noso centro.
Imaxes das actividades do Día das Letras Galegas

miércoles, 11 de mayo de 2011

Correlingua 2011

O luns 9 de maio participamos na gran festa final do Correlingua que este ano, por primeira vez, se celebrou na vila do Carballiño grazas a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, á cal pertencemos, e a colaboración ofrecida polo Concello do Carballiño.

Foi unha xornada lúdico-festiva en apoio da nosa lingua con actividades para os máis cativos e para o alumnado máis grande. Ao finalizar as actividades, quedámos a xantar no Parque de Carballiño completando así unha xornada de festa e convivencia.

Desde a biblioteca e en coordinación co Equipo de Normalización realizamos os cartaces en prol do Galego e axudamos a preparar o manifesto que leron os alumnos máis cativos ( de 2º nivel) nas actividades de títeres que tiveron lugar na praza maior.

Se premedes na imaxe teredes acceso á reportaxe fotográfica.

martes, 10 de mayo de 2011

Lois Pereiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.
"Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos."
Seminario Galán.org
Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra: 

miércoles, 13 de abril de 2011

Coñece a biblioteca do centro

O equipo de biblioteca en colaboración co equipo TIC do centro elaborou un novo programa de formación de usuarios destinado ao alumnado do 2º e 3º Ciclo de Ed. Primaria para que coñezan un pouco máis e mellor o funcionamento da biblioteca e da CDU.

lunes, 21 de marzo de 2011

Conto colaborativo

A próxima tarefa consistirá na elaboración dun conto por medio dunha wiki. Nela cada un de nós irá completando o conto engadindo un párrafo ao que xa está escrito.
A ligazón do conto e a seguinte: <a title="Ligazón á wiki" href="http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/aulavirtual/mod/wiki/view.php?id=312" target="_blank">Wiki conto colaborativo</a>

viernes, 4 de marzo de 2011

Banda deseñada

Se premedes na imaxe veredes algunha das viñetas que creastes no taller de banda deseñada.

Circuítos eléctricos

Como tarefa práctica e complementaria ao tema de elctricidade de Coñecemneto do Medio realizamos un circuíto eléctrico no taller de plástica.

O resultado foi o seguinte.

domingo, 13 de febrero de 2011

Amor eterno

Despois de traballar a historia de San Valentín tedes que recitar de memoria o poema de Gustavo Adolfo Becquer titulado "Amor eterno"

Aqui vos dexo dos vídeos para traballalo:

miércoles, 9 de febrero de 2011

Se vende mamá

Este é o título do próximo libro que imos a tratar na próxima reunión do Clube de lectura que terá lugar o venres 25 de febreiro, pola tarde, na biblioteca.
"Se vende mamá" é premio Barco de Vapor de 2009. A súa autora, Care Santos
, nesta ocasión, camúflase tras un neno, Óscar, de 8 anos e cóntanos, de manera divertida, cercana e moi real, os conflictos e as dúbidas que pode ter un neno acerca da súa nai...

domingo, 6 de febrero de 2011

Banda deseñada

Imos facer un comic con temática libre. Para a súa realización usaremos o programa Bitstrips que está dispoñble na rede. A imaxe seguinte está realizada con dito programa.



Todos os alumnos do 3º ciclo do CEIP Nosa Sra de Xuvencos temos un aula na que podemos realizar os nosos traballos de banda deseñada.