O luns 9 de maio participamos na gran festa final do Correlingua que este ano, por primeira vez, se celebrou na vila do Carballiño grazas a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, á cal pertencemos, e a colaboración ofrecida polo Concello do Carballiño.
Foi unha xornada lúdico-festiva en apoio da nosa lingua con actividades para os máis cativos e para o alumnado máis grande. Ao finalizar as actividades, quedámos a xantar no Parque de Carballiño completando así unha xornada de festa e convivencia.
Desde a biblioteca e en coordinación co Equipo de Normalización realizamos os cartaces en prol do Galego e axudamos a preparar o manifesto que leron os alumnos máis cativos ( de 2º nivel) nas actividades de títeres que tiveron lugar na praza maior.
Se premedes na imaxe teredes acceso á reportaxe fotográfica.
No correlingua fixemos unha camiñata moy larga
ResponderEliminar