martes, 12 de noviembre de 2013

Magosto 2013

O 12 de novembro celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiples actividades. A cociñeira Carmen realizou un suculento menú a base de produtos típicos desta festa: empanada, bocadillo de chourizo e bica caseira que fixo as delicias de todos os comensais
Tamén contamos con tres invitados moi especiais: o profe Miguel e a súa familia.
Despois do xantar realizamos varios xogos populares nos que participou todo o alumnado do centro.
Na seguinte galería podedes observar as imaxes que amosan o ben que o pasamos.
VIVA O MAGOSTO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Interésanos a túa opinión!