Na seguinte galería están os traballos de plástica realizados sobre Rosalía de Castro.
viernes, 22 de febrero de 2013
martes, 19 de febrero de 2013
Día de Rosalía
O 24 de febreiro cúmprense 176 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos".
Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades:
- Lectura do libro web do noso cole sobre Rosalía de Castro.
- Visionar o vídeo do CEIP Arquitecto Casas Nóvoa.
- Completar a seguinte ficha sobre a súa vida e obra.
- Memorizar por equipos un dos poemas facilitados e recitalo ante a clase.
- Realizar un collage con nove imaxes da súa vida e obra que deberás descargar de google. Usarás o programa de edición de imaxes online Pixlr.
- O collage gardaralo co teu nome na carpeta compartida de 3º ciclo de Dropbox "Rosalía de Castro".
- Realizar as actividade do LIM da biblioteca Caratola Tola.
domingo, 17 de febrero de 2013
O raio veloz
Unha vez que comentemos o libro no Club de lectura deberes completar os dous pdf que están no apartado de Unidade didáctica e realizar un xeroglífico segundo o modelo que se ofrece.
Usaredes as seguintes ligazóns para completar o traballo:
Agustín Fernández Paz
- Visita a web do cole para saber máis sobre o autor.
Unidade Didáctica:
Jazz
- Que é o Jazz
- Blue Gardenia de Dinan Washinton (Escoita este C en Spotify)
- Lady Sings the Blues (Escoita a canción en Spotify)
Álvaro Cunqueiro
- Vida e obra de Álvaro Cunqueiro.
Paul Eluard
Xeroglíficos
- Exemplos de xeroglíficos.
- Elabora un xeroglífico coma o de Rosa dentro da folla modelo.
viernes, 15 de febrero de 2013
Como facer buscas en Google
Co contido desta presentación de Olga Rodríguez de Malpica podedes mellorar os procesos de búsca en Google.
Obradoiro de poesía
Na celebración do Día de San Valentín realizamos un taller de poesía, este é parte do resultado:
Recita Héctor
Recita Alberto Carracelas
Recita Alejandro Noya
Recita Iván
Recita Manuel Decabo
Paula Fernández
Sara Ramírez
jueves, 14 de febrero de 2013
Traballando con imaxes
Imos traballar co programa de edición de imaxes pixlr que é gratuíto e non fai falta instalalo no ordenador.
Para o tratamento de imaxes deberemos escoller aquelas que están na galería de imaxes do noso cole.
Os traballos que realicedes, unha vez finalizados, deberédelos de gardar na vosa carpeta de Dropbox
Para o tratamento de imaxes deberemos escoller aquelas que están na galería de imaxes do noso cole.
Os traballos que realicedes, unha vez finalizados, deberédelos de gardar na vosa carpeta de Dropbox
Día de San Valentín
No libro web que hai na web do colexio atoparás información sobre a Lenda de San Valentín.
Unha vez lida a súa historia deberás completar a páxina de comprensión lectora que hai na seguinte Unidade didáctica elaborada polo noso EDL.
- Recitaredes de memoria un dos poemas de amor que atoparás na Web de Norberto.
- Faredes un acróstico seguindo o modelo de máis abaixo:
- Que é un acróstico?
- Modelo para facer un acróstico.
- Por último, ilustraredes o poema de amor que aprendistes de memoria..
- Galería de imaxes para colorear.
jueves, 7 de febrero de 2013
Obradoiro Banda deseñada
Se premes na imaxe accederás aos traballos realizados no obradoiro de banda deseñada co programa Bitstrips
miércoles, 6 de febrero de 2013
Pescudando sobre o entroido
Imos pescudar sobre como se celebra o entroido en outras zonas de Galiza. Terás que realizar a seguintes tarefas individualmente:
- Visita o libro web sobre o entroido que hai na web do colexio.
- Escolle un dos entroido que máis che gusten e completa a seguinte ficha.
- Realiza unha composición plástica en tamaño A4 sobre o elemento característico do entroido elixido. Busca imaxes en google ou na Web de Norberto.
- Expón o traballo realizado no taboleiro do corredor do 2º piso do cole.
lunes, 4 de febrero de 2013
Celebración do entroido

Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.
Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.
O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.
Animámosvos a participar a todas e todos!!
Feliz entroido!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)