martes, 27 de noviembre de 2012
viernes, 23 de noviembre de 2012
Fase zonal de Campo a través
É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.
Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.
Preme para ver as clasificacións:
Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.
jueves, 15 de noviembre de 2012
Plástica
Imos a crear unha imaxe moi persoal. Primeiro tedes que descargar umha imaxe vosa da Galería de imaxes.
Despois hai que visitar o aula virtual de Plástica e seguir as indicacións que se vos ofrecen.
Despois hai que visitar o aula virtual de Plástica e seguir as indicacións que se vos ofrecen.
martes, 13 de noviembre de 2012
O magosto
Imos realizar as actividades que están accesibles no aula virtual do colexio. Despois do receo da mañá celebraremos o magosto no patio exterior.
lunes, 5 de noviembre de 2012
Recursos para traballar a pintura no aula
Na seguinte ligazón atoparedes moitos recursos, elaborados pola biblioteca escolar López Ferreiro, que nos serán de utilidade para traballar o tema da pintura no área de coñecemento.
jueves, 1 de noviembre de 2012
Celebración do Samaín
O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio cun día de adianto. Este ano volverémolo a celebrar no colexio coa realización das seguintes actividades:
- Imaxes da celebración da festa do Samaín:
- Decoración das entradas das aulas.
- Realización de "chapas" terroríficas para identificarse. Descargar modelos de chapas.
- Traballo en clase da Unidade Didáctica do Samaín. UD 1º Ciclo.
- Realización da Webquest sobre o Samaín.
- Decoración das aulas e das instalacións do colexio cos recursos que atoparedes nas seguintes ligazóns.
- Representación de guiñol: "O fantasma burlón".
- Diversos xogos terroríficos:
- Baile nas sepulturas.
- Vestir a momia.
- En busca da cabaza perdida.
Formulario para votar polos mellores traballos presentados a concurso:
Modelo de plantilla para a votación.
Vídeos para ver no Samaín:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)