O 23 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas. No colexio realizamos varias actividades, que estivemos preparando ao longo durante toda a semana, entre as que destacan:
- Entrega dos carnets lectores ao novo alumnado do centro.
- Exposición dos novos marcapáxinas elaborados polo alumnado e que servirán de marcadores nos andeis da biblioteca.
- Entrega de premios aos gañadores do concurso de marcapáxinas. Preme para ver aos gañadores.
- Representación do conto de medo "O fantasma burlón" no teatro de guiñol, para ir introducindo a semana do Samaín.
- Presentación do novo traballo colaborativo que realizaremos entre toda a comunidade educativa e que consistirá na elaboración dun libro de contos sobre Xuve que unha vez rematado pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
- Presentación das mochilas viaxeiras deste curso.
- Concurso de recitaxe de poemas sobre a biblioteca con elección do mellor curso de recitadores.
- Amigo libro. 1º Ciclo de Ed. Primaria.
- Adiviñas de Educación Infantil.
- A biblioteca é un lugar. 2º Ciclo de Ed. Primaria.
- Poema dedicado á biblioteca. 3º Ciclo de Ed. Primaria.
- Información das actividades a realizar desde a biblioteca para a celebración do Samaín.
- Visionaremos o seguinte vídeo, que realizaron os nosos compañeiros do CEIP Curros Enríquez de Celanova, sobre o funcionamento da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Interésanos a túa opinión!