lunes, 6 de febrero de 2012

Final comarcal de campo a través

Saída de alevínfemininoO día 2 de febreiro participamos na final comarcal de Campo a través na magnifica paraxe do Puzo do Lago de Maside.
Nunha mañá soleada, aínda que fría, 270 corredores  pertencentes aos colexios: CEIP de Bearíz; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo; CEIP Eulogio Gómez Franquira de San Amaro; IES nº 1 do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
Este ano, as inscricións sufriron unha merma considerable debido á protesta que moitos centros públicos están a facer contra as directrices e normativas que está a ditar a Xunta de Galiza e que redundan negativamente na calidade do ensino.
Felicitamos a todas e todos os participantes e en especial aos que acadaron subir ao podio do noso colexio: Amancio Sanjurjo en categoría infantil masculino e Sara Ramírez en categoría infantil feminino.
As clasificacións completas podédelas descargar aquí:
  • Cadro de honra
  • Clasificación individual por categorías
  • Clasificación por equipos
Na seguinte ligazón podedes acceder á reportaxe fotográfica da carreira

Video das carreiras:

5 comentarios:

  1. Felicidades Sara, como sempre ti quedaches de 2·

    Para o outro ano tes que quedar de primeira. :) ;)

    ResponderEliminar
  2. Podían facer unha boa parella os dous gañadores

    ResponderEliminar
  3. A carreira foi moi boa tivemos dous gañadores e un deles fun eu.

    ResponderEliminar
  4. Farias unha boi parexa ti e o que quedou de segundo, o tal Armando

    ResponderEliminar

Interésanos a túa opinión!