
O día 2 de febreiro participamos na final comarcal de
Campo a través na magnifica paraxe do
Puzo do Lago de Maside.
Nunha mañá soleada, aínda que fría, 270 corredores pertencentes aos colexios: CEIP de Bearíz; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo; CEIP Eulogio Gómez Franquira de San Amaro; IES nº 1 do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
Este ano, as inscricións sufriron unha merma considerable debido á protesta que moitos centros públicos están a facer contra as directrices e normativas que está a ditar a Xunta de Galiza e que redundan negativamente na calidade do ensino.
Felicitamos a todas e todos os participantes e en especial aos que acadaron subir ao podio do noso colexio: Amancio Sanjurjo en categoría infantil masculino e Sara Ramírez en categoría infantil feminino.
As clasificacións completas podédelas descargar aquí:
- Cadro de honra

- Clasificación individual por categorías

- Clasificación por equipos

Na seguinte ligazón podedes acceder á reportaxe fotográfica da carreira
Video das carreiras: