O 15 de decembro participamos no programa formativo da Consellería de Sanidade "Nunca sen almorzo".
A xornada educativa foi un tanto especial, xa que ao chegar ao centro tivemos unha clase formativa a través de persoal da Consellería de Sanidade e a continuación pasamos a disfrutar dun almorzo saudable que nos preparou a cociñeira do noso centro a base de froita, cereais, lácteos, tostas de pan, manteiga, mermelada... é unha pena que isto non pase todos os días.
Ao rematar, nos agasallaron cuns marcapáxinas que traen información básica para realizar un almorzo completo e equilibrado.
Para descargar as imaxes preme aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Interésanos a túa opinión!