O Día 16 de maio celebramos no centro o Día das letras Galegas con varias actividades organizadas e coordinadas desde a biblioteca:
- Traballo no aula da UD sobre Lois Pereiro que realizaron os mestres do Seminario Galán de Arteixo.
- Entrega dos premios aos gañadores do concurso de cartaces que convocara a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Comarca do Carballiño.
- Entrega dos premios aos dous mellores lectores de cada Ciclo.
- Visionado e Lectura da exposición de cartaces do concurso que convocara a Xunta sobre o poeta Lois Pereiro-
- Visita á exposición permanente de cartaces premiados nos últios 3 anos na CENDL e que xa suman máis de 35 cadros que ambientan os corredores e paredes do noso centro.