viernes, 19 de noviembre de 2010

20 de novembro, Día Internacional da Infancia

Hoxe participamos na xornada festiva que tivo lugar no Pazo de Baión, en Vilanova, para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Ó noso centro elaborou un manifesto sobre o dereito que nos tocou traballar e que foi o de "Protección en caso de privación de liberdade".
Tres compañeiros do cole subiron ao estrado a ler o lema ante a presenza de máis de 1000 nenos de toda Galiza e a do presentador da TVG Terio Carrera.

Na festa tamén participou a TVG e nós saímos no programa en directo:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Artigo de "La Voz de Galicia"

Ver reportaxe fotográfica

jueves, 18 de noviembre de 2010

Dereito ao xogo

Temos dereito a dispor tempo ,compañeiros y espazos para xogar y desarrollarnos.

Dereito a ter unha familia, por Fernando

Temos dereito a ter unha familia . Os governos das autoridades rexionais e locais deben facer que se cumpran todos os dereitos recollidos na Convención e deben axudar á familia.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Dereito á igualdade, por Gabriel

Todos os nenos temos dereitos para non ser maltratados de forma diferente por razón da nosa cultura, relixión, orixe, idioma o sexo pero si pertences a una minoría ética ou relixiosa, débese respectar o teu dereito a vivir segundo a túa cultura, practicar a túa relixión e a falar a túa propia lingua.

Dereito á protección contra os abusos, por Aarón

Temos dereito a ser protexidos cotra as violacións e as explotacións. As menores de idade espoñen o seu corpo a prostitución e eso haino que exterminar. O governo ten que tomar todas as medidas que fagan falta para impedir a prostitución e outras cousas maís, para estar seguro.

Dereito contra o traballo perxudicial, por Melani

Temos dereito a ser protexidos contra a realización de calquera traballo que poña en peligro nosa saúde nosa educación e o noso desarrolo

Dereito á saúde, por Breixo

Temos dereito a coidados médicos e, a desarroiar hábitos saudables, sen drogas e a vivir nun lugar sen contaminación e agradable.

Dereito á Educación, por Juan

Temos dereito a unha educación gratuíta, de calidade que nos converta nos cidadáns preocupados por o cumprimento dos dereitos humáns no mundo.

Dereito á protección en tempos de guerra ou desastre

Temos dereito a vivir en paz, a non ser reclutado como soldados e recibir protección especial no caso de ser refuxiados ou víctimas dun desastre natural.

martes, 9 de noviembre de 2010

Día Internacional da Infancia

Durante os próximos días imos a traballar os dereitos da infancia aprobados na Convención de Dereitos do Neno no ano 1989 na ONU e que asinaron todos os paises menos Somalia e EEUU.

Nas seguintes ligazóns atoparedes información sobre o tema: