jueves, 20 de septiembre de 2012

Coñecendo o aula virtual

Ao igual que o curso pasado, todo o material que necesitemos para traballar os contidos explicados na clase estarán accesibles no Aula virtual do colexio.

Alí atoparemos os diferentes cursos de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Galego,...

Deberedes de visitar o aula con frecuencia para poder repasar todo o explicado na clase.

Premendo na imaxe faremos unha pequena visita polos diferentes cursos que nela hai. Ao rematar a visita, deberedes facer un comentario sobre o que vos pareceu.

martes, 11 de septiembre de 2012

Benvidos todos e todas!!

Ola a todas e todos!!

Un ano máis volvemonos a ver na titoría de 3º ciclo do CEIP Nosa Sra de Xuvencos. Entre toda a comunidade educativa intentaremos facer deste blog un punto de encontro no que reflictir todas aquelas tarefas e inquedanzas sobre as que traballemos ao longo deste novo curso.

...o verán pasou máis rápido do que algún quixera...pero o bo deste reencontro, é que vimos coas pilas cargadas e con moitas ganas de traballar e aprender cousas novas.

Para comezar, cada un de nós irá facendo un comentario de benvida a esta nova.

martes, 10 de julio de 2012

Vídeo actividades curso 2011/2012

No seguinte vídeo resumimos o que foi o curso académico 2011/2012, esperemos que sexa do voso agrado.

martes, 12 de junio de 2012

Entrega de Premios Antón Losada

Entrega do libro á filla de Antón Losada, Mercedes
O día 9 de maio participamos na entrega dos Premios Antón Losada que este ano recaeron en dous escritores de recoñecido prestixio: Agustín Fdez Paz pola obra "Non hai noite tan longa" e Xesús Alonso Montero pola biografía de "Aníbal Otero"
O alumnado do noso centro fixo entrega dun libro/caderno á filla de Antón Losada que elaboramos cos mellores traballos realizados por eles ao longo do terceiro trimestre, dentro do proxecto documental sobre a vida e obra de Antón Losada Diéguez, que coordinou o equipo de biblioteca e o EDL do colexio.
No acto, ademais dos premiados, estiveron presentes os Alcaldes de Boborás e o Carballiño, acompañados dos Concelleiros de Cultura. Asemade, presidiu a entrega de premios o Conselleiro de Educación e Cultura da Xunta de Galiza.
Foi un acto moi importante para nós, xa que non hai nada máis confortable que dous ilustres escritores, e o mesmo Conselleiro de educación, te feliciten polo traballo realizado.
Desde aquí, queremos dar os nosos parabéns aos escritores premiados, sen esquecernos dos organizadores do evento, especialmente da Tenente Alcalde, pola súa implicación neste acto en prol da cultura galega.

Galería de imaxes

martes, 15 de mayo de 2012

Podcast para a defensa e fomento do galego

Imos realizar un podcast para a defensa e fomento do galego.
Dálle ao play e oirás que é o que tes que facer.

Podcast by xuvencos

lunes, 7 de mayo de 2012

Obradoiro de caricaturas

Se premedes na imaxe de abaixo veredes todas as caricaturas que realizamos no obradoiro de caricaturas sobre os compañeiros de clase.



Deberedes deixar un comentario sobre os traballos que máis vos gustaron.

Caza do tesouro sobre Paz Andrade

Deberedes resolver a seguinte Caza do Tesouro para pescudar sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade.


Webquest sobre Paz Andrade

Imos realizar un gran cartaz para a entrada do colexio. Para elaboralo teredes que resolver as tarefas que se vos encomendan na seguinte webquest.


domingo, 6 de mayo de 2012

Obradoiro de Cacimbo

.
O 3 de maio tivemos no noso centro a actuación de Aline Frazao, cantante angoleña, con raices en Cabo Verde, que nos mostrou a todos aqueles países que podemos acceder grazas a no lingua.
Con ela aprendimos cousas dos países de Cabo Verde, Mozambique e Angola ao mesmo tempo que participábamos nun magnífico obradoiro musical.
Na seguinte ligazón podes acceder ás imaxes da actuación
Se desexas ter en propiedade o seu último disco, Clave Bantu, preme aquí.
Se premedes na imaxe de Aline Franzao accederedes á nova completa.

martes, 1 de mayo de 2012

Aline Franzao estará o xoves no noso centro


Aline Franzao é a cara visible do proxecto Cacimbo, un obradoiro do que disfrutaremos o próximo xoves, 3 de maio. O obxectivo desta proposta é mostrar as culturas dalgúns países africanos de lingua portuguesa por medio da música, do vídeo e a través da enteracción co alumnado.