No aula deberedes ler toda a información que se vos ofrece no seguinte glogster e realizar as tarefas que se vos encomendan.
domingo, 30 de octubre de 2011
4 de novembro Día da Ciencia
O 4 de novembro celebraremos o Día da Ciencia que este ano está adicado a Marie Curie e a María Wonenburger.
No aula deberedes ler toda a información que se vos ofrece no seguinte glogster e realizar as tarefas que se vos encomendan.
No aula deberedes ler toda a información que se vos ofrece no seguinte glogster e realizar as tarefas que se vos encomendan.
viernes, 28 de octubre de 2011
Visita ao Concello
O venres 28 de outubro acercámonos ata o Concello de Boborás para presenciar unha exposición sobre o cambio climático e o coidado do noso Planeta.
Aproveitamos a ocasión para visitar a Sala de Plenos do Concello e exercer, por uns intres, de representantes do pobo de Boborás.
A experiencia resultou ser moi entretida e divertida.
Celebración do Samaín
Este ano celebramos o Samaín o xoves 27 de outubro, porque o 31 de outubro foi o Diá da Educación. Fixemos as seguintes actividades:

Se queredes ver en que consistiron estas actividades, premede no video de máis abaixo.
- Decoración dos corredores e aula.
- Concurso de cabazas con exposición das mesmas.
- Pescudas de información sobre o Samaín.
- Vestimos á momia.
- Xogos das tumbas.
- Búsqueda de diaños, agochados no patio.
- Xogos de mímica sobre o Samaín.
- Bailes do Samaín.
- ...
Se queredes ver en que consistiron estas actividades, premede no video de máis abaixo.
jueves, 27 de octubre de 2011
Webquest do Samaín
Hoxe realizaredes a Webquest do Samaín que temos na nosa aula virtual.
A recopilación de datos para completar o esquema farédelo de xeito individual. Para a realización do cartaz podédesvos xuntar por parellas.
A recopilación de datos para completar o esquema farédelo de xeito individual. Para a realización do cartaz podédesvos xuntar por parellas.
sábado, 22 de octubre de 2011
Día da Biblioteca
A principios de mes foi reaberta, ao estupendo público lector que temos no colexio, a biblioteca escolar do centro.
Durante a semana anterior á celebración do Día das bibliotecas escolares realizamos na BE do centro diversas actividades, encamiñadas a estimular o uso da mesma, entre o alumnado do centro:
- Realización de diversas actividades de formación de usuarios.
- Diversas actividades de formación de colaboradores da BE.
- Entrega de carnets de lectores ao novo alumnado.
- Realización de novos marcapáxinas para facilitar a recolocación dos libros nos andeis.
- Memorización e recitación de varios poemas alusivos á biblioteca.
- Realización dun gran cartaz na entrada da biblioteca onde cada alumno foi colocando un libro ou conto que lle deixase pegada.
- Reparto de novos trípticos coa normativa da BE.
- Entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de Educación Infantil.
- Representación, no rincón de prelectores, dun teatro de guiñol a cargo do alumnado de 3º Ciclo e destinado ao alumnado de Educación Infantil.
viernes, 21 de octubre de 2011
Coidando o Medio Ambiente
Escoitamos unha historia moi fermosa sobre un paxariño enfermo; elaboramos varios cartaces alusivos ao coidado do Medio Ambiente; realizamos un debate sobre cada un destes temas ambientales e para rematar fixemos un xogo de preguntas.
Ao final, recibimos de agasallo un ioió moi chulo.
sábado, 15 de octubre de 2011
martes, 11 de octubre de 2011
lunes, 10 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)