jueves, 21 de marzo de 2013

Convivencia deportivo cultural no Irixo

O día 21 de marzo celebramos a V convivencia deportivo cultural da comarca do Carballiño no CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo.
Este ano participaron os seguintes centros:
  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
  • CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.
Pasámolo xenial, tanto o alumnado como o profesorado, en parte grazas a excelente acollida dos anfitrións que este ano foron os membros da comunidade educativa do CEIP Virxe Pena da Sela. Tamén é de agradecer o bo comportamento de todo o alumnado participante nesta xornada de convivencia, na que ademais de compartir experiencias en prol do galego fomos quen de establar novas relacións de amizade que se verán continuadas en próximos eventos deportivos e culturais que realizaremos na comarca do Carballiño.
Galería de imaxes das actividades realizadas


CONTACONTOS

DEPORTE

XANTAR

FLASHMOB
VARIOS
FLASHMOB "GALICIA STYLE"

martes, 12 de marzo de 2013

Semana da Presa

Durante a semana do 11 ao 15 de marzo celebramos no centro a Semana da Prensa. Traballaremos con diferentes xornais e aprenderemos a crear novas e cales son as diferentes seccións dun xornal.

A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico.
Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura.
O mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de mostrar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polos mozos.

Se premes na imaxe accederás aos recursos que están na web do colexio.

viernes, 8 de marzo de 2013

Día da Muller traballadora

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora.

O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.

CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual)

Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York.

Recursos cos que traballaremos no aula: