viernes, 22 de febrero de 2013

martes, 19 de febrero de 2013

Día de Rosalía

O 24 de febreiro cúmprense 176 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos".

Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades:
  • Lectura do libro web do noso cole sobre Rosalía de Castro.
  • Visionar o vídeo do CEIP Arquitecto Casas Nóvoa.
  • Completar a seguinte ficha sobre a súa vida e obra.
  • Memorizar por equipos un dos poemas facilitados e recitalo ante a clase.
  • Realizar un collage con nove imaxes da súa vida e obra que deberás descargar de google. Usarás o programa de edición de imaxes online Pixlr.
  • O collage gardaralo co teu nome na carpeta compartida de 3º ciclo de Dropbox "Rosalía de Castro".
  • Realizar as actividade do LIM da biblioteca Caratola Tola.

domingo, 17 de febrero de 2013

O raio veloz

Hoxe imo traballar sobre o libro recomendado no Club de lectura da biblioteca " O raio veloz " de Agustín Fernandez Paz.

Unha vez que comentemos o libro no Club de lectura deberes completar os dous pdf que están no apartado de Unidade didáctica e realizar un xeroglífico segundo o modelo que se ofrece.

Usaredes as seguintes ligazóns para completar o traballo:

Agustín Fernández Paz

Unidade Didáctica:
Jazz
  • Que é o Jazz
  • Blue Gardenia de Dinan Washinton (Escoita este C en Spotify)
  • Lady Sings the Blues (Escoita a canción en Spotify)
Álvaro Cunqueiro
Paul Eluard
Xeroglíficos


viernes, 15 de febrero de 2013

Como facer buscas en Google

Co contido desta presentación de Olga Rodríguez de Malpica podedes mellorar os procesos de búsca en Google.

Obradoiro de poesía

Na celebración do Día de San Valentín realizamos un taller de poesía, este é parte do resultado:

Recita Héctor
Recita Alberto Carracelas
Recita Alejandro Noya
Recita Iván
Recita Manuel Decabo
Paula Fernández
Sara Ramírez

jueves, 14 de febrero de 2013

Traballando con imaxes

Imos traballar co programa de edición de imaxes pixlr que é gratuíto e non fai falta instalalo no ordenador.

Para o tratamento de imaxes deberemos escoller aquelas que están na galería de imaxes do noso cole.

Os traballos que realicedes, unha vez finalizados, deberédelos de gardar na vosa carpeta de Dropbox

Imos recitar

Agora toca recitar os poemas memorizados


Día de San Valentín

Imos facer un traballo de educación documental pescudando información sobre a lenda de San Valentín.

No libro web que hai na web do colexio atoparás información sobre a Lenda de San Valentín.

Unha vez lida a súa historia deberás completar a páxina de comprensión lectora que hai na seguinte Unidade didáctica elaborada polo noso EDL.

jueves, 7 de febrero de 2013

Obradoiro Banda deseñada

Se premes na imaxe accederás aos traballos realizados no obradoiro de banda deseñada co programa Bitstrips

miércoles, 6 de febrero de 2013

Pescudando sobre o entroido

Imos pescudar sobre como se celebra o entroido en outras zonas de Galiza. Terás que realizar a seguintes tarefas individualmente:
  • Visita o libro web sobre o entroido que hai na web do colexio.
  • Escolle un dos entroido que máis che gusten e completa a seguinte ficha.
  • Realiza unha composición plástica en tamaño A4 sobre o elemento característico do entroido elixido. Busca imaxes en google ou na Web de Norberto.
  • Expón o traballo realizado no taboleiro do corredor do 2º piso do cole.

lunes, 4 de febrero de 2013

Celebración do entroido

Preme na imaxe para acceder ao libro web no que iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2013 no noso centro.
Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.
Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.
O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.
Animámosvos a participar a todas e todos!!
Feliz entroido!!