viernes, 25 de enero de 2013

Final comarcal de Campo a través

O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro na paraxe espectacular que sempre nos ofrece o Puzo do Lago do concello de Maside.
Participaron un total de 10 centros educativos da comarca  do Carballiño, sendo cerca dos cincocentos os participantes inscritos.
A climatoloxía axudou moito a que a xornada se desenvolvera nun contexto idóneo para a práctica deportiva do campo a través, o que redundou nas fantánticas marcas acadadas polos atletas.
É de agradecer o bo comportamento e colaboración da práctica totalidade dos participantes que favoreceu que a xornada deportiva fose unha experiencia enriquecedora e inolvidable para todos e todas.
Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Roi Pagán polo 2º posto en categoría Benxamín e a Alberto Carracelas polo 2º posto en Alevín masculino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín masculino.

miércoles, 16 de enero de 2013

jueves, 10 de enero de 2013

Banda deseñada



Imos a traballar no programa de banda deseñada Bitstrips. Nel creamos unha clase de traballo onde cada un de vos entrará coa clave suministrada e terá que facer as seguintes tarefas:
  1. Crear un avatar co voso nome.
  2. Facer unha viñeta de presentación do voso avatar, que vos servirá de práctica e familiarización do programa. É obrigatorio introducir polo menos un "bocadillo con texto".
  3. Realizar un traballo de banda deseñada que teña polo menos seis viñetas. Para a súa realización seguiremos os pasos traballados no obradoiro de Banda deseñada do curso pasado, que podemos repasar na seguinte ligazón. Traballo do CEIP A Ramallosa.
Para acceder á aula de traballo preme na imaxe