martes, 23 de octubre de 2012

Día da biblioteca

O 23 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas. No colexio realizamos varias actividades, que estivemos preparando ao longo durante toda a semana, entre as que destacan:
Galería de imaxes das actividades realizadas
  • Presentación do novo traballo colaborativo que realizaremos entre toda a comunidade educativa e que consistirá na elaboración dun libro de contos sobre Xuve que unha vez rematado pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
  • Presentación das mochilas viaxeiras deste curso.
  • Concurso de recitaxe de poemas sobre a biblioteca con elección do mellor curso de recitadores.
  • Información das actividades a realizar desde a biblioteca para a celebración do Samaín.
  • Visionaremos o seguinte vídeo, que realizaron os nosos compañeiros do CEIP Curros Enríquez de Celanova, sobre o funcionamento da biblioteca.

viernes, 19 de octubre de 2012

Biodiversidade en Galiza

Despois de visitar a exposición sobre diversidade en Galiza que hai no noso Concello, imos facer un traballo de investigación, sobre un dos paneis visitados, en equipos de dúas persoas.
O traballo reflictirédelo nunha folla tamaño A4.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Programa proxecta: Xogade

Este ano, volvemos repetir a experiencia destes últimos anos nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

As modalidades nas que participamos son: cross; fútbol sala; balonmán; xogando ao atletismo. 

Tamén solicitamos varias actividades do programa Actividade lúdica, séndonos concedida a de Colombofilia.

Participarán destes deportes todos os alumnos do 2º e 3º ciclo.

Se premedes na imaxe obteredes máis información sobre a campaña 2012/2013.

jueves, 11 de octubre de 2012

A nosa clase

Aquí estamos todos os compañeiros e compañeiras de terceiro ciclo de Ed. Primaria.

Que guapos e guapas estamos!!! non si!!

martes, 2 de octubre de 2012